É tempo de Entroido!

Este ano investigamos sobre o Antroido Tradicional Galego.

Os alumnos/as de 2º de Educación Primaria traballaron sobre as Pantallas de Xinzo de Limia.

2619572B-3A71-49F1-B5A4-8BEF6C2BA486

Os alumnos de 4º de Primaria sobre os Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín. Tamén puidemos probar unha máscara orixinal:

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º afondaron nos Boteiros de Viana do Bolo (accede directamente ao artigo aquí: Os boteiros).

En 1º curso confeccionaron un mural recollendo as tres tradicións:

IMG_20190301_084903

 

O boteiro de Viana do Bolo

01af0ceb-65a7-451d-aef1-504ff2dd72c2.jpeg
O boteiro é a figura principal do entroido de Viana do Bolo, considerado o máis antigo de Galicia. É unha personaxe que vai berrando e dando golpes con un pao. Representa o mal e a súa función é abrir paso ao folión, apartando aos espectadores. Descoñécese a súa orixe exacta aínda que se cre que ten as súas raíces nos ritos agrícolas e gandeiros de purificación da época prerromana. Por sito aparecen animáis como a serpe ou a salamandra, que provocan medo aos agricultores. Na época feudal, o boteiro intimidaba ás personas para obligarlos a pagar os impostos.

O traxe é de laboriosa confección.  Pódese tardar un ano enteiro, a dúas horas diarias. Tódolos traxes son orixinais, non hai dous boteiros iguales.

As partes do traxe de boteiro son:

  • Pantalóns: feitos de raso con bandas laterais e flecos.
  • Polainas: elaboradas con color que tapan as pantorrillas.
  • Camiseta: frise con felpa ou raso, é moi vistosa xa que ten cosidos cintas rizadas facendo debuxos.
  • Cinto: no que se colgan esquilas.
  • Careta: está feita de madeira e representa o demo (por iso na parte superior lle sobresaen dous cornos). Pola parte de atrás leva tiras de papeis de cores. Encima da careta leva unha especie de pantalla (chamada cadro). Está feita con armazón de alambres adornados con tiras de papel de cores formando debuxos (formas xeométricas, escudos, animáis…).  Poden chegar a medir un metro cadrado e algunhas pesan máis de 10 quilos.
  • Monca: É un pao que leva na man do que ás veces colga o rabo dun animal salvaxe ou unha especie de pondón (bola de cor). Serie para que o boteiro se apoie para dar grandes saltos.

O Entroido de Viana ten varios días representativos: o Xoves de Compadres (chamado lardeiro), o Xoves de Comadres (ou lardeira), nos que se colocan na praza do pobo unhas especies de bonecos feitos con ropas vellas (chamados mecos) e que se queiman o último día do entroido; o Domingo Gordo, no que desfilan as carrozas (con escenas rurais) e os folións, que son comparsas formadas por entre 30 e 40 personas dun mesmo pobo ou barrio, que tocan bombos, aixadas ou instrumentos caseiros (para espantar aos malos espíritus). Neste Domingo celébrase unha festa gastronómica popular na que o parto principal é a androlla (embutido elaborado con costela de porco adobada).

Tivemos a sorte de que un verdadeiro boteiro nos viñese a explicar todo isto en directo (e que nos deixase o traxe uns días). Inspirados e inspiradas no boteiro, realizamos as nosas propias creacións de camisetas e caretas. Aquí tedes o resumo:

 

 

Xogo de fuga: o misterio de Mª Victoria Moreno

Aquí está recompilado o material utilizado no obradoiro de xogo de fuga realizado nas xornadas de Educación Dixital (23.03.19) en Santiago de Compostela.

deck.toys

 

Premendo o seguinte enlace accederás ao Xogo de fuga en Deck.toys en formato dixital.

 

 

scratchmvm

 

Mediante este enlace Proba final xogo de fuga  poderás desvelar o misterio (cómpre usar o Makey-Makey).

 

 

MVM

 

 

Neste enlace terás acceso á páxina web: Xogo de fuga: Wix

Día das Artes Galegas 2019

O vindeiro 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas. É unha celebración instaurada pola Real Academia Galega de Belas Artes no ano 2015.

Este ano o homenaxeado é Luís Seoane López, debuxante, gravador e escritor galego; ao que xa se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1994.

Seoane representou distintas escenas costumbristas galegas. Para a Área de Artística, seleccionamos algúns cadros relacionados coa música que traballaremos nas vindeiras semanas. Aquí os comparto:

O pase de diapositivas require JavaScript.