Música 6º INFANTIL

Ola!

Aquí temos as propostas para esta semana:

ACTIVIDADE 1: Dirixe a Orquesta Colibrí

Pulsa na imaxe para acceder ao xogo:

ACTIVIDADE 2: Canción “Non botes o lixo no mar”

Acordádesvos desta canción? Escollín repasala esta semana porque o 8 de xuño é o Día Internacional dos Océanos. É unha data establecida pola ONU (Organización das Nacións Unidas) co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos para todas as especies, xa que representan o principal pulmón do planeta e son os responsables de xerar o osíxeno e lograr o equilibro ecolóxico tanto acuático como terrestre:

Música 6º INFANTIL (5 – 8 de maio)

Ola! Que tal estades?

Aquí tedes as propostas para esta semana:

ACTIVIDADE 1:  Escoitar a canción dos “Maios”

En este mes correspondería realizar o “Maio” organizado pola ANPA do cole. Aínda que este ano non o podemos facer, escoltaremos unha canción que trata sobre esta tradición:

ACTIVIDADE 2: Practicar ritmo

Aquí tedes un ritmo moi sinxelo para practicar. Cando aparecen as negras debemos dar unha palmada, cando aparece o silencio faremos “shh!”:

 

Música 6º de Infantil

Bos días!

Hoxe imos a escoitar música e relacionala coas emocións.

Os fragmentos propostos corresponderíanse coa ALEGRÍA, TRISTEZA, MEDO, IRA/ENFADO e AMOR. Escoita as seguintes pezas e intenta relacionalas con esas emocións. Tamén pode ser que a música che suxira emocións distintas posto que cada un sinte a música dunha forma.

Espero que che gustasen!