Arts & Crafts – PaseArte

Para esta proposta feita de forma conxunta desde a área E. Física e E. Artística tomamos como referente a actividade “Bike and Paint” do mestre de EF David Cañada. Trátase dunha actividade que pretende fomentar a mobilidade activa ao tempo que desenvolvemos a nosa creatividade e competencia artística.

En que consiste PaseArte?

Consiste en realizar un debuxo sobre o mapa do teu barrio ou doutros barrios de Coruña mentres te moves camiñando, correndo, en patinete, bicicleta… Para iso non usarás papel e lapis, senón que faras o teu debuxo coa axuda dalgunha App para o móbil (que comentaremos máis abaixo) dalgún familiar adulto. Este é un exemplo do resultado que se podería obter:

Instrucións a seguir

1. Antes do paseo sería recomendable utilizar un plano de Coruña ou do teu barrio para planificar o percorrido que debes facer para conseguir o debuxo que te propoñas. Observa as rúas polas que tes que ir, cambios de dirección… Aproveita para repasar o vocabulario en inglés sobre a cidade aquí.

2. O adulto que te acompañe debe descargar no móbil unha aplicación gratuita das que se usan normalmente para rexistrar adestramentos correndo ou en bicicleta: EndomondoStravaRuntastic ou calquera outra que coñezades que a través do GPS vos facilite a ruta realizada ao rematar o percorrido.

3. Para realizar o paseo debes ir a pé, camiñando ou correndo, ou empregar un medio de transporte activo: patinete (eléctrico non vale), patíns ou bicicleta por exemplo.

4. O debuxo será realizado nun so paseo. Non vale sumar varios paseos en distintos días. Podes parar durante o paseo cando o necesites e podes facer varios paseos se o resultado non é o esperado ou se queres enviar varios debuxos.

5. Respeta tódalas normas de circulación durante o teu paseo e ten precacución se tes que consultar o móbil durante o mesmo. A mellor opción é parar, consultar o móbil para seguir pola ruta desexada, e continuar.

6. Cando remates o paseo facede unha captura de pantalla no móbil onde se vexa o traxecto realizado e polo tanto a vosa “obra de arte”.

7. Enviade esa imaxe coa captura de pantalla aos correos edufanxo@gmail.com e andreamusica1617@gmail.com para que tanto o profe Gerardo, na parte de Educación Física, como eu, na parte artística, valoremos o voso traballo. Ademais tamén podedes enviar un “selfie” ou foto onde se aprecie en que medio de transporte e con quen realizachedes o paseo. No ASUNTO do correo indicade PASEARTE NOME e CURSO.

CONSELLOS PRÁCTICOS

– Non hai un mínimo de distancia pero canto máis largo sexa o paseo e as liñas máis longas, máis sinxelo será apreciar o debuxo que realizades.

– Podedes debuxar o que queirades pero en caso de dúbida é preferible optar por figuras máis simples e fácilmente recoñecibles.

– É moi importante preparar o debuxo previamente na casa sobre un plano para despois ter claro cal é a ruta a seguir.

Finalmente, aquí vos deixamos outros resultados, por si vos serven de inspiración, compartidos en Twitter polo mestre @MiguelCambro tras realizar unha actividade moi similar a esta co seu alumnado de Primaria:

Arts & Crafts – 1st, 2nd, 3rd & 4th – Zentangle Art

The Zentangle Method is a fun way to create beautiful images by drawing structured patterns. You create patterns with combinations of dots, straight lines, curved lines, squares, circles…

O método Zentangle é unha maneira divertida de facer creacións bonitas debuxando patróns estruturados. Podes crear eses patróns con combinacións de puntos, liñas rectas, liñas curvas, cadrados, círculos…

Steps: Pasos:

  1. Make a drawing on whatever you want. Fai un debuxo sobre o que queiras.
  2. Divide it into parts. Divídeo en partes.
  3. Fill each part with a different pattern. Enche cada parte con un patrón diferente.

Ideas de patróns

Ideas de deseños

Send your creations to: andreamusica1617@gmail.com

Arts&Crafts (20th-24th April)

We are on book Day week! On 23rd of April was the date chosen for this celebration because two great writers died that day: Miguel de Cervantes and William Shakespeare.

Estamos na semana do Día do Libro! O 23 de abril foi a data escollida para esta celebración por coincidir co falecemento de dous grandes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

That’s why we are going to make creations a Spanish universal book “The ingenious gentleman Don Quixote de La Mancha”. You can make a drawing, a collage, a scene with dialogues… Use the material you want to make an artwork where Don Quijote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante or the mills appear.

Por iso imos a facer creacións sobre un libro español de trascendencia universal: “Don Quixote da Mancha”. Podes facer un debuxo, un collage, unha escena con diálogos… Utiliza o material que queiras para facer unha obra onde apareza DonQuixote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante, os muíños…

To inspire you, in the following video you will see diffent pictures on this book, accompanied by a poem that Celia recites to us:

Para inspirarvos, no seguinte vídeo poderedes ver distintos cadros sobre este libro acompañados dun poema que nos recita a profe Celia:

Enjoy it!

Send us your creations: andreamusica1617@gmail.com & biblioanxo@gmail.com

 

Arts&Crafts – World Art Day

Hello!

This week, as commemoration of World Art Day (15th of April), we join the proposal by BiblioAnxo: Recreate works of art with objects that we have at home.

Esta semana como conmemoración do Día Mundial da Arte (15 de abril) unímonos á proposta feita por BiblioAnxo. Recrear obras de arte con obxectos que teñamos na casa.

Here are some ideas:

Send your creations to: andreamusica1617@gmail.com and biblioanxo@gmail.com

007a33075d5e8e1ae98468d56926476f4da07910ff005bb6db290da3ab62def4.0

Arts&Crafts – 3rd & 4th

Hello!

This week I would like you to use pointillism technique. It doesn’t matter if you draw just an object. The important thing is to make lots of dots (very together and even above each other).

Esta semana gustaríame que usases a técnica do puntillismo. Non pasa nada se só debuxas un obxecto. O importante é facer moitos puntos (moi xuntos e incluso uns enriba doutros).

Here you are some examples to inspire you!

 

 

piZap_1585050299322

Arts&Crafts – 3rd & 4th Grade

Hi! How are you?

As Spring is here, the activity that I propose you is to make a collage with Spring elements. You can use materials that you have at home: magazines, fabrics, pieces of wrapping paper, colored paper… Let your imagination run wild and see that comes out!!!

Como a primavera está aquí, a actividade que vos propoño é facer un collage con elementos da primavera. Podes usar materiais que teñas na casa: revistas, telas, anacos de papel de agasallos, papeis de cores… Deixa voar a túa imaxinación e a ver o que sae!!

Here are some ideas to inspire you! Aquí tes algunhas ideas para inspirarte!

64d63e52d9da666860d0860d33f9f45b

flowerPaperFlowerGardenflowers

piZap_1584962640940