E ata aquí chegaron os 21 días, déixovos unha imaxe interactiva que recompila todas as cancións 🙂
Mes: Xuño 2019
Día 21: Negro Caraval (Rosa Cedrón)
O seguinte tema é feito por Rosa Cedrón. Foi difundido amplamente grazas á actuación de Sabela Ramil no programa Operación Triunfo.
Día 20: Crocodilo (Susa Herrera)
Esta canción forma parte do libro “Cantos animais” de Susa Herrera. Nel ofrece cancións sobre distintos animais: o raposo, a ranciña, o elefante e moitos máis.
Deica mañá!
Día 19: Estou na lavadora (O caimán do río Tea)
Estou na lavadora é un tema coñecido por formar parte do programa “Xabarín Club” da TVG nos anos 90.
Día 18: Con tambores de mar (Sés)
María Xosé Silvar, coñecida como Sés, é unha cantautora galega nacida en 1972. O tema escollido para hoxe é “Con tambores de mar”.
Día 17: Negra Sombra (poema de Rosalía de Castro)
“Negra sombra” é un poema de Rosalía de Castro pertencente ao seu libro “Follas Novas” (1880). Foi musicado por Xoán Montes.
Podes escoitar a nosa versión: Negra sombra canción e descargar a partitura: Negra_sombra
Vémonos mañá con outra canción 🙂
Día 16: Miña Terra Galega (Siniestro Total)
Siniestro Total é un grupo galego de música punk-rock formado en Vigo en 1981. Unha das súas cancións máis coñecidas é “Miña terra galega.
Preme no seguinte enlace para escoitar a versión dos nenos e nenas de 5º de Ed. Primaria: A nosa versión!!!!
Aquí tedes a partitura: Miña terra galega.
Ata mañá!
Día 15: “Quero ver como te ris” (Medomedá)
“Quero ver como te ris” é a canción máis exitosa do grupo Medomedá, creado en 2008.
Día 14: Quen poidera namorala (letra Álvaro Cunqueiro)
Aquí vos deixo a nosa versión de “Quen poidera namorala” (Letra: Álvaro Cunqueiro; Música: Luis Emilio Batallán):
Día 13: “O meu amor é mariñeiro” (Fuxan os Ventos)
Fuxan os Ventos é un grupo de música galega formado en 1972 en Lugo. “O meu amor é mariñeiro” fala da liberdade, tema recurrente na discografía do grupo.
Engado a partitura: O_meu_amor_é_mariñeiro.
Ata mañá!