Letras Galegas 2020

A nosa celebración do día das Letras Galegas de maneira virtual foi moi concorrida! Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e esforzo!

En primeiro lugar aquí temos o vídeo co “Himno Galego” onde participou o alumnado, profesorado e persoal non docente:

Tamén fixemos unha montaxe a partir dos traballos da Feira das Letras onde se inclúe a recompilación de xogos populares, os xoguetes tradicionais, os instrumentos, a artesanía e, por último, a muiñeira colectiva.

Con tantos vídeos e fotos, despistámonos e escapousenos incluir a achega de Lois de 2ºB sobre a artesanía tradicional polo que a engadimos a continuación:

Actividade integrada (11 – 15 de maio)

O 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas. Aínda que pola situación actual a celebración dos actos oficiais se pospuxeron, nós queremos conmemorar este día igualmente desde as casas. Invitámosvos a participar nunha Feira Virtual onde podedes visitar distintos postos ou obradoiros relacionados cunha actividade de Música, Plástica, Biblioteca ou Educación Física.

En primeiro lugar, recomendámosvos que fagades unha visita a todos os postos. En cada un estarán as instrucións de cada tarefa. Deberedes escoller, polo menos, dúas tarefas (se quereres poderes facer máis). Unha destas tarefas debe ser de Música ou Plástica e outra de Educación Física. Cando rematedes a actividade teredes que enviala á dirección de correo que se indica en cada unha delas. Gustaríanos facer unha pequena montaxe coas actividades, polo que, se queredes formar parte dela a data límite para enviar os traballos serán as 14 h do sábado 16.

 

Por outra banda, propoñémosvos que debuxedes unha bandeira galega e vos saquedes unha foto con ela (a poder ser en horizontal). Depois enviadea a andreamusica1617@gmail.com tamén antes das 14h do sábado día 16. Recompilaremos as fotos enviadas polo alumnado e profesorado nun vídeo co Himno Galego de fondo.

IMG-20200510-WA0016

Por último, engádovos o enlace ao himno cantado por Lucía Pérez. A letra foi escrita por Eduardo Pondal e musicado por Pascual Veiga en 1890.

Que teñades unha boa semana!

 

 

Día das Artes Galegas

Hoxe, co motivo do Día das Artes Galegas o EDLG e o equipo de Biblioteca proponvos que vos convirtades en arquitecto, e vos imaxinedes construindo e redeseñando o edificio do cole, que recentemente cumpliu 50 anos. Enviádenos as fotos dos vosos debuxos, planos, maquetas… a biblioanxo@gmail.com

Ademais, hoxe ás 16h en directo desde a súa conta de Facebook o pintor Leandro Lamas fará o seu terceiro titorial de facer deseños paso a paso onde poderedes aprender a facer ilustracións tan xeniais coma estas: