Día 9: O abecedario (Magín Blanco)

O autor de “O abecedario” é Magín Blanco, un músico galego de longa traxectoria. Nos seus últimos anos foi abandonando o panorama discográfico dos adultos para centrarse na música infantil.

Nesta canción presentanos o abecedario galego, asociando palabras que comezan con cada letra.

Ata mañá!

Día 8: Ven á festa musical (Pitusa Semifusa)

Tócalle a quenda a Pitusa Semifusa (Olga Brañas). Pitusa Semifusa é un libro disco protagonizado por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical que é a que representa esta canción.

Podedes escoitar a nosa versión no seguinte enlace: Ven á festa musical e aquí tedes a partitura: Ven á festa musical.

Día 5: Miña abuela Manuela (Migallas)

Migallas é unha compañía de teatro que fai espectáculos e recolle cancións en formato libro-Cd. “Miña abuela Manuela” pertence ao libro “Pan de millo” onde co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, este traballo está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua. Inclúe ritmos autóctonos (como muiñeiras, pandeiradas e pasodobres) e melodías de inspiración latinoamericana.

Aquí tedes a nosa versión: Canción Miña abuela e aquí a partitura: Miña_abuela_Manuela.

Deica mañá 🙂

Día 2: Ven comigo (María Fumaça)

O grupo María Fumaça naceu como agasallo de Nadal para un neno chamado Rui, con parálise cerebral, da man da súa madriña (a cantante Uxía Senlle) e un grupo de amigos músicos. Foi evolucionando ata converterse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.

Escollimos a canción “Ven comigo”, aquí podes escoitar a nosa versión: A nosa versión de Ven comigo e aquí a adaptación da partitura: Ven_comigo partitura.

21 días cantando en Galego

21 días cantando en galego

“21 días cantando en Galego” xorde da inspiración do programa “21 días co galego e +” impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova (Podedes ler máis sobre o programa no seguinte enlace: 21 días co galego e +)

Neste caso trataríase de centrar a proposta na música en galego. En concreto os obxectivos lingüísticos son os seguintes:

  • Fomentar o coñecemento de diferentes cantantes, grupos e estilos de música en galego.
  • Diminuir os posibles prexuízos e de actitudes negativas en relación coa música en lingua galega.

Cada día lectivo (do 21 de maio ao 18 de xuño) neste blog presentaremos unha canción en galego, nalgúns casos poderedes escoitar a nosa propia versión ou descargar as partituras.

Un saúdo 🙂