Somos compositor@s!!!

Na aula de 6º de Educación Primaria elaboramos unha pequena obra sobre a música. Trátase da primeira actividade para unha iniciación progresiva á composición musical.

Os pasos que seguimos foron os seguintes:

1- Escolla do tema.

2- Elección de palabras.

3- Asignación de ritmo ás palabras de forma oral e representación con figuras.

4- Explicación de ritmos que xurdiron (como a síncopa).

5- Proposición de notas e realización de probas de sonoridade.

Aquí vos vai 🙂música

Artes e emocións que potencian a creatividade (2014)

creatividade_fbotínNeste seguinte artigo resúmese o Informe da Fundación Botín (2014) titulado “Arte e emocións que potencian a creatividade”. O obxectivo principal deste informe é concienciar sobre a importancia que teñen as artes na formación das persoas, debido ós beneficios que producen no desenvolvemento persoal e social.

Nel expóñense tanto os beneficios que aportan as distintas manifestacións artísticas como a súa contribución ó desenvolvemento da creatividade.  Falaremos do cine, do teatro, da música, das artes plásticas e da danza.

Premede no seguinte enlace para botarlle unha ollada: Arte e emocións que potencian a creatividade

Que o desfrutedes 🙂

Logo Musicores

A finais do curso pasado deseñamos logos que expresasen a esencia de “Musicores”. Tratábase de crear un debuxo sinxelo que representase a fusión da Educación Musical e da Educación Plástica. Tras inaugurar o curso 2018/2019, teño o pracer de presentarvos o logo de “Musicores”:Sin títuloGrazas a tod@s polas vosas achegas:

Un saúdo 🙂